Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "Desafiar prexuízos" · Maré (Galicia Hoxe) -
  2. 03 de Junio de 2010
  1. Elisa y Marcela, de
  2. Narciso de Gabriel

De Elisa e Marcela interesoume sobre todo que esa historia puidese ocorrer nunha cidade de provincias tan burguesa e contida, como o era A Coruña desa época. A valentía de dúas mulleres que pondo o mundo ó lombo se atreven a desafiar os convencionalismos e prexuízos de principios do Século XX, en reivindicación dos seus dereitos como persoas. Esta historia impactoulle, dun xeito profundo a persoas como Isabel Coixet, que está preparando unha película coa historia. Se todo sae ben, rodarase o próximo ano.
. . .

Gonzalo Canedo, nacido en Cerceda, revoluciona o panorama español con Libros del Silencio, a súa aposta persoal 

Gonzalo Canedo (Cerceda, 1955) irrompeu o pasado novembro no panorama editorial co selo Libros del Silencio e, en poucos meses, conseguiu colocarse como un referente de calidade. Residente desde hai 18 anos en Barcelona, onde traballou para diferentes editoriais, acaba de publicar en castelán Elisa e Marcela, crónica da paixón de mulleres na Galicia de primeiros do século XX que escribiu Narciso de Gabriel e que Isabel Coixet levará ao cinema. En catálogo, títulos como os artigos de Julia Camba durante a República ou a recente La voz de Lila, unha novela francesa escrita por alguén que se agocha detrás do alcume Chimo e que se converteu nun dos fenómenos editoriais do ano en Francia.

Acaba de aparecer en Libros del Silencio a tradución de "Elisa e Marcela" de Narciso de Gabriel... ¿Que lle interesou deste libro, que en Galicia tivo unha difusión discreta?
De Elisa e Marcela interesoume sobre todo que esa historia puidese ocorrer nunha cidade de provincias tan burguesa e contida, como o era A Coruña desa época. A valentía de dúas mulleres que pondo o mundo ó lombo se atreven a desafiar os convencionalismos e prexuízos de principios do Século XX, en reivindicación dos seus dereitos como persoas. Ademais a segunda parte do libro é un ensaio sobre diferentes aspectos da sexualidade feminina dunha calidade pouco frecuente nas letras españolas. Descoñezo a difusión que tivo o libro na súa edición galega, da edición en castelán estamos bastante satisfeitos, aínda que é certo que se está vendendo máis en cidades como Madrid ou Barcelona que en Galicia. Quizais aquí a sociedade aínda está máis ancorada en certos prexuízos, que noutras partes xa forman parte do pasado. Esta historia impactoulle, dun xeito profundo a persoas como Isabel Coixet, que está preparando unha película coa historia. Se todo sae ben, rodarase o próximo ano.

O libro de Narciso de Gabriel non é, porén, o primeiro dun autor galego que entra no catálogo da editorial...
Tiven noticia do libro ós poucos días de aparecer a edición galega. Nese momento, eu estaba dándolle voltas á idea de Libros del silencio e, pensei que se finalmente me atrevía a montar a editorial quería publicalo. Tanto me impactou que me deu, ademais, a idea para unha das coleccións da editorial: Contracorriente, un espazo que queremos dedicar a textos de calquera xénero, en especial narrativa, ensaio ou biografía, que recollan as experiencias e as reflexións daqueles que, por razón de xénero, ideoloxía ou pola época que lles tocou vivir non puideron máis que andar ( e escribir) ao contraxeito.

Podería dicirse que Libros del Silencio ten, en certo modo, a vontade de servir de conexión coa literatura galega desde Barcelona e nunha edición en castelán?
Se son sincero, gustaríame poder conseguilo. Dos nove libros que editamos ata o momento, dous son de autores galegos e, estou en contacto con algúns máis, que espero publicar o próximo ano. As portas de Libros do silencio sempre estarán abertas á literatura galega, sexa escrita nesta lingua ou en castelán

Que é o que, como editor e como lector, máis lle interesa da Literatura galega?
Se, desde o meu punto de vista, consideramos a literatura galega, como unha das partes da literatura Latinoamericana, creo que pode inscribirse como unha das máis puxantes desta área xeográfica. Non sei se o realismo máxico existiría sen a presenza de autores como Ramón del Valle-Inclán ou como Álvaro Cunqueiro. Non esquezamos a anécdota de Gabriel García Márquez, que a primeira vez que visitou Galicia ao comer lacón, percibiu marabillado que tiña o mesmo sabor que o xamón que preparaba a súa avoa (galega) e que o introduciu en Cen anos de soidade. Desde Alfonso X o Sabio, os escritores galegos, ou de orixe galega, tiveron unha gran influencia na literatura en castelán. Este idioma, cando é escrito por galegos ten unha riqueza poucas veces igualada polos escritores mesetarios 

"Amo a lectura desde os oito anos"
Despois de pasar por distintas editoriais en Barcelona -a última a da Enciclopedia Catalana-, Gonzalo Canedo decidiuse a montar en novembro do 2009 a seu propio selo porque os libros sempre formaran parte importante da súa vida.

Tanto no persoal -"a paixón lectora naceu en min cando tiña oito anos e aí segue"- como no profesional, os libros están intimimamente ligados á súa biografía. "Aos dezaoito anos fíxenme comercial de Círculo de Lectores en Galicia, vendendo libros de porta en porta, e acabei ocupando o cargo de director comercial no Grupo Bertelsmann e, máis tarde, en Enciclopèdia Catalana". Ao cumprir os cincuenta anos, "logo de toda unha vida dirixindo redes comerciais", decidiu darlle "un cambio radical á vida profesional: Quería pór as miñas enerxías e inquietudes nun proxecto persoal e converter esa paixón lectora no compoñente principal do meu día a día".

En definitiva, engade o editor de Cerceda, "crear algo interesante e achegar novas propostas ao sector editorial, ós lectores. Aí comezouse a xestar a idea de Libros do Silencio".

Leer en [Galicia Hoxe]

Descargar artículo en (.pdf)

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]