Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "Reixa avanza que Isabel Coixet rodará una película sobre la primera boda homosexual" · Jaureguizar (El Progreso) -
  2. 24 de Agosto de 2011
  1. Elisa y Marcela, de
  2. Narciso de Gabriel

El responsable de Filmanova, Antón Reixa, afirmó ayer que la directora catalana Isabel Coixet «está terminando el guión» de una película sobre las dos mujeres gallegas que protagonizaron el primer matrimonio homosexual celebrado en Europa, y cuya historia recoge Narciso de Gabriel en Elisa y Marcela, publicado en español por esta editorial.
· · ·

O responsable de Filmanova, Antón Reixa, afirmou onte que a directora catalá Isabel Coixet «está rematando o guión» dunha película sobre as dúas mulleres galegas que protagonizaron o primeiro matrimonio homosexual celebrado en Europa.

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras que lograron burlar á sociedade pechada e moralista do seu tempo para casar. A argallada consistiu en que Elisa adoptou a personalidade civil dun curmán seu, falecido nun naufraxio, falsificando unha chea de documentación. Como suposta filla dun ateo, estaba sen bautizar, algo que logrou que un cura lle dese o sacramento en maio de 1901 e casar con Marcela en xuño.

A historia era coñecida tanto polo excepcional dunha voda entre persoas do mesmo sexo a primeiros do século XX como pola audacia das protagonistas, pero non abundaban os datos ata que Narciso de Gabriel (O Cádavo, 1955), catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña, se aplicou en investigar o acontecido. O resultado foi o estudo ‘Elisa e Marcela’, un repaso ao amor de ambas as mulleres dende que se coñecen na Escola Normal da Coruña ata que as autoridades que andan na súa procura perden o ronsel do barco que as leva cara á liberdade suramericana.

Libros del Silencio publicou o texto, polo que se interesou Antón Reixa, quen lle comprou os dereitos audiovisuais para facer unha película ao autor. A noticia da publicación non acadou na prensa a mesma repercusión que cando se soubo que un sacerdote casara a dúas mulleres por engano, pero aínda apareceron reportaxes. Isabel Coixet leu unha delas e logo falou con Manuel Rivas, autor do limiar do volume, para tratar de filmar a singular historia.

Ao cabo, Reixa e máis Coixet chegaron a un acordo. Co gallo dunha estadía na Coruña, en marzo do 2010, a directora visitou Dumbría e os outros lugares nos que se desenvolveu a relación entre Elisa e Marcela a xeito de primeiro contacto coas localizacións. Isabel Coixet proponse facer unha fición de época cunha recreación de feitos que deberá ter algunhas costuras enfiadas unicamente porque, como recoñece Narciso de Gabriel, hai lagoas biográficas que non deu cuberto.

Admiradas por Pardo Bazán
A valentía e a perseverancia de Elisa e Marcela para facer saltar polos aires todas as normas legais e éticas do momento, cando o lesbianismo era unha tendencia case que inexistente ao excluir a participación dun varón, reportáronlles un rexeitamento intranxisente e maioritaria da sociedade do seu tempo. Houbo excepcións no caso de intelectuais que observaron con simpatía e admiración o caso.

Novela
Emilia Pardo Bazán, coruñesa como as dúas protagonistas, escribiu en La Ilustración Atlántica que «la destreza y la resolución con la que Elisa urdió la maraña para soltar, por decirlo así, la personalidad femenina y adquirir legalmente la condición viril revelan una inteligencia nada común y son materia de asombro para el novelista, que apenas acertaría a idear enredo semejante».

Heroínas
Manuel Rivas rexeita no prólogo de ‘Elisa e Marcela’ que tivesen intención de ser heroínas, «porque o que elas querían era que non se coñecese nada delas. A noite era máis amiga có día. A sombra, preferible á luz. Neste caso, a información trouxo a desgraza».

Descargar artículo en (.pdf)

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]