Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "Semprún, Pereiro" · Suso de Toro (El País) -
  2. 10 de Junio de 2011
  1. Obra completa [ed. bilingüe], de
  2. Lois Pereiro

O tempo, ese grande destrutor e escultor, deixounos tallada a figura daquel mozo coa machada. E coa machada amputoulle toda a vida adulta posíbel. A morte prematura é especialmente cruel nos autores, pois a súa loita contra o tempo é tan desigual.
· · · 

Morre unha persoa e a súa vida transfórmase nunha narración. Morreu Jorge Semprún, personaxe da política e da literatura, a súa vida xa era unha narración pública autorizada. El propio transformara episodios da súa vida en ficción, particularmente o seu paso polo campo de Buchenwald e a súa militancia no PCE. Nese relato público ficarán arrombados episodios que en vida eran espiñentos e malos de manexar para a súa propia conciencia, calquera persoa que viviu unha guerra ou unha situación de violencia enfrontou dilemas morais difíciles, mesmo imposíbeis. Semprún seguramente viviu cousa así en Buchenwald ou na súa militancia comunista.

Tamén participou en loitas polo poder e neses casos haberá unha versión dos feitos alternativa á súa. Mesmo probábelmente foi vítima de vilezas e insidias, e quen as protagonizou terá agora que calar avergoñado e apartarse do foco. Unha biografía constrúese igual que unha escultura, con volume e con oco, con rememoración e con ocultamento. Presenza e ausencia.

Cada ano a cultura galega celebra o Día das Letras tallando ritualmente unha biografía, no curso do ano elabórase un retrato do autor escollido na ocasión pola Real Academia. O escollido este ano, Lois Pereiro, provócalle a un sensacións ambivalentes, pois aínda está moi perto de nós e tivo unha vida breve. Unha vida incompleta en moitos sentidos, a pesar de achegarse á corentena, a case dun adolescente, detido naquela súa xuventude, xa para sempre referenciado en aqueles anos.

Le un o que agora contan del, os libros que lía, a música que escoitaba, e á forza lembra aqueles anos oitenta, os alleos e os propios. E imaxina para si que estampa tería deixado se tivese morto daquela cando Pereiro morreu. Na fin desa década un só tiña catro libros dos case 30 que publicou, sería visto como o autor daqueles catro libros que entón era toda a obra e que agora considera a infancia e adolescencia do autor. Dese mesmo xeito vemos a Pereiro a través da escasa obra que tivo tempo a trazar: pode que se vivise, se tivese sobrevivido á heroína, a sida e ao aceite de colza, na vez de ser o autor de dous poemarios fose dunha ducia e de dous ou tres libros de ficción en prosa, por caso. El mesmo, de poder ollar atrás, vería aqueles anos nos que o situamos nós agora para sempre como unha xuventude e a eses seus dous libros como unha parte xuvenil da súa obra longa e madura. Esas cousas, quen as sabe. En todo caso o tempo, ese grande destrutor e escultor, deixounos tallada a figura daquel mozo coa machada. E coa machada amputoulle toda a vida adulta posíbel. A morte prematura é especialmente cruel nos autores, pois a súa loita contra o tempo é tan desigual.

Descargar artículo en (.pdf)

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]