Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "‘Vento Lois’ leva hoxe os versos de Pereiro ás vilas e cidades galegas" · Nuno Besteiro (El Correo Gallego) -
  2. 12 de Mayo de 2011
  1. Obra completa [ed. bilingüe], de
  2. Lois Pereiro

A Cidade da Cultura acolleu onte a presentación dos libros Lois Pereiro. Obra completa [ed. bilingüe] e Lois Pereiro. Collected Poems, editados en homenaxe ao poeta monfortino. O acto, celebrado na Biblioteca de Galicia, contou coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o director xeral do Libro, Francisco López; o editor de Libros del Silencio, Gonzalo Canedo; e o xornalista e irmán do poeta, Xosé M. Pereiro.
· · ·

Unha acción poética coordinada tomará ás 20 horas varios espazos públicos en tributo ao autor//O conselleiro Varela cualifica o poeta de “clásico moderno” e “grande da nosa lírica”

Chegou o día no que Vento Lois percorra as vilas e cidades de Galicia, e máis alá, en Limoges e en París. Unha acción poética, coordinada, que poñerá no espazo público destes lugares os versos de Lois Pereiro, o poeta monfortino ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. En Santiago a partir das 19 horas no Local Sociocultural da Caramoniña, na cima do parque de Bonaval, terá lugar a acción sentimental Aclamación a Pereiro, un concerto d’O Leo, e a lectura do Manifesto Loisista da man de Paco Macías. Na Coruña, ás 21 horas, no Antigo Cárcere Provincial, será a xeito de concerto cos Ulträqäns e Loretta Martin, e cun recital de Cesáreo Sánchez Iglesias, Xulio López Valcárcel e Antía Otero, nun acto presentado por Manuel Rivas e Xurxo Souto. Lalín, Sada, Ribeira, Gondomar, Bergondo, Sarria, Cangas, Ourense, Betanzos... Un ronsel de eventos, cuxo detalle ica na web www.loispereiro. org., e que ten o apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores.

EDICIÓNS CO APOIO DA XUNTA. A Cidade da Cultura acolleu onte a presentación dos libros Lois Pereiro. Obra completa [ed. bilingüe] e Lois Pereiro. Collected Poems, editados en homenaxe ao poeta monfortino. O acto, celebrado na Biblioteca de Galicia, contou coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o director xeral do Libro, Francisco López; o editor de Libros del Silencio, Gonzalo Canedo; e o xornalista e irmán do poeta, Xosé M. Pereiro. Varela deiniu a Lois Pereiro como “un clásico moderno, un grande da nosa lírica –digno herdeiro de Rosalía, Manuel Antonio ou Novoneyra–, é un dos mellores poetas europeos das últimas décadas” e “o bardo dunha xeración enteira de galegos e contribuíu como poucos a renovar a lírica da nosa terra”.

POEMAS EN BOLSA. Gadisa distribúe estes días dous millóns de bolsas de Supermercados Gadis coa imaxe do autor monfortino Lois Pereiro. As bolsas levarán impresas o poema Transmigración, datado en agosto de 1995, a máis de 700.000 clientes da cadea de establecementos. Ademais a empresa repartirá o 16 de maio 25.000 exemplares do libro Cociñando ao pé da letra, un volume coordinado pola poeta Yolanada Castaño, con fotografías de Andrea Costas, no que varias autoras e autores galegos se poñen a cociñar. Ademais os Gadis da Coruña, Santiago e Vigo serán o escenario da lectura do poema Entre amigos o próximo 14 de maio para recordar a figura do autor de Poesía última de amor e enfermidade.

L. P. EN VIGO

O Museo Verbum- Casa das Palabras acolle hoxe, ás 20 horas, a inauguración da mostra Lírica Punk (L.P.), comisariada por Sonia Díaz e Bea García. A mostra, que percorre a obra de Lois Pereiro, ofértalle ao visitante a posibilidade de interactuar coas iconas do imaxinario deste autor.

O equipo de poesiagalega.org, un proxecto do Grupo Alea de Análise Poética da Facultade de Filoloxía da USC, acaba de facer accesíbel en liña un dossier sobre Lois Pereiro que compila materiais críticos e recensións sobre o autor e a súa obra. O dossier recolle textos publicados desde os anos 80, que se complementan cunha escolma de entrevistas, material sonoro e documentación gráfica.

Descargar artículo en (.pdf)

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]