Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "Lois Pereiro, poeta de lingua viva e moderna" · José A. Ponte (La Voz de Galicia) -
  2. 11 de Mayo de 2011
  1. Obra completa [ed. bilingüe], de
  2. Lois Pereiro

Lois Pereiro foi un poeta pouco coñecido en vida, pero moi admirado por os que sabían del. Era un referente para os da súa xeración, que o seguen a considerar como a voz máis cosmopolita e descarnada de todos eles, un referente da poesía galega para o século XXI. Máis aínda: un exemplo de linguaxe poética moderna e actual, pois utilizou un galego rico e eficaz, moi traballado en todos os resortes.
· · · 

Coincidín un par de veces con el en reunións literarias ou recitais poéticos, pero nunca pasamos máis alá das frases formais dunha presentación ou das que se empregan como saúdos entre coñecidos. Non podo ofrecerlles, pois, unha conversa formal con Lois Pereiro. Pero non quixen deixar pasar a oportunidade de traer a estas páxinas a voz e o recordo deste poeta galego, prematuramente desaparecido, a quen estará dedicado este ano o Día das Letras Galegas.

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos en 1958 e morreu na Coruña o 24 de maio de 1996, vítima do aceite de colza.

Na segunda metade dos 70, Lois Pereiro trasládase a Madrid para estudar na Escola Ofi cial de Idiomas. Nesta cidade vai compartir piso e primeiras experiencias literarias co seu irmán Xosé Manuel e con Manuel Rivas, ambos estudantes de Periodismo. Con eles e con outros xóvenes afeccionados á literatura (entre eles, os galegos Fermín Bouza Brey e Antón Patiño) formará parte do conxunto de xente que editará Loia, unha sinxela publicación que nace en 1978, que só tivo catro números e onde ven por primeira vez a luz os poemas de Lois Pereiro.

Nos primeiros anos oitenta do pasado século, Lois trasládase a Coruña, onde está vivindo seu irmán, e aquí entra en contacto con poetas coruñeses da súa xeración (Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Miguel Anxo Fernán Vello, Lino Braxe, Manuel Rivas...) cos que colabora no libro colectivo De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985). A xente que provén desta xeración tamén impulsará diversos proxectos culturais como a revista Luzes de Galiza, onde se publicarán, a título póstumo en 1997, os oito primeiro capítulos da súa breve novela Náufragos do paraíso.

A OBRA LITERARIA

A obra de Lois Pereiro é corta: en vida, publicou dous libros de poemas, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Como obra póstuma, Poemas para unha Loia, que recolle poemas da súa etapa en Madrid e publicados na revista Loia. Espiral Maior publicou en 1997, un ano despois da morte do poeta, Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, un ensaio que aparecera anos antes na revista Luzes de Galiza, que tamén publicou os oito primeiros capítulos da novela xa citada Náufragos do paraíso.

Cando ingresa no hospital por un grave empeoramento da súa saúde, despois de remontar ese momento crítico, dá a impresión de que o poeta descubre unha nova cara da vida. É consciente de que se lle deu unha segunda oportunidade para vivir, aínda que non teña moitas expectativas de que sexa por moito tempo. Iso, máis ou menos, dedúcese da lectura de Poesía última de amor e enfermidade.

OS SEUS ÚLTIMOS ANOS

O propio Lois nunha entrevista recoñece que é un libro cronolóxico. Despois da primeira parte do poemario «hai unha resurrección en min no libro, quen escribe o resto de poemas non é a mesma persoa». Non obstante, esta nova oportunidade que lle brindou a vida contra a morte non durou moito. No 1996 dixo adeus a este mundo. Mais a ironía estivo a tras del toda a vida: marchou o mesmo día que se fi xo pública a sentenza sobre o caso da colza, enfermidade que el padeceu durante moitos anos, provocada por aquel aceite maldito que algúns criminais venderan alá polo ano 1981.

Recentemente apareceu Conversa ultramarina, uns diarios inéditos de Lois Pereiro, só coñecidos ata agora polos máis achegados a el, publicados por Edicións Positivas. O responsable da edición considera que os textos, escritos en 1995, meses antes de morrer, aos 38 anos, e que teñen como destinataria á muller que sempre amou, constitúen «o prólogo de Poesía última de amor e enfermidade» e pertencen a un momento de efervescencia creativa do poeta monfortino. Fronte á súa poesía, escrita toda ela en galego, nestes diarios mestura con absoluta liberdade o galego e o castelán e inclúe fragmentos en francés, inglés e alemán.

Lois Pereiro foi un poeta pouco coñecido en vida, pero moi admirado por os que sabían del. Era un referente para os da súa xeración, que o seguen a considerar como a voz máis cosmopolita e descarnada de todos eles, un referente da poesía galega para o século XXI. Máis aínda: un exemplo de linguaxe poética moderna e actual, pois utilizou un galego rico e eficaz, moi traballado en todos os resortes. Por iso, o galego de Lois Pereiro é un idioma vivo, moderno, axeitado aos tempos de hoxe, adecuado ao presente e apuntando ao porvir. Alguén o defi niu como «un poeta punk». Eu diría que Lois Pereiro representa como poucos na poesía galega o papel de poeta contemporáneo, no senso máis amplo e nobre da palabra.

A VISIÓN DOS DEMAIS

Como complementos para coñecer mellor a Lois Pereiro, ademais de ler a súa obra, non está de máis coñecer o que del e da súa poesía opinan outros poetas contemporáneos, bos coñecedores da obra e da persoa.

«A voz dun home amarrado ao ‘noray’ da vida»

«A voz poética de Lois Pereiro é a dun home amarrado ao noray da vida como un mariñeiro de Jack London. Un licor que cando se degusta xa non se pode abandonar e que nos acompañará como unha única sombra ata o fi nal. A palabra dun poeta que cruzou as selvas de Indonesia en compañía de Conrad, despois de sobrevivir a un tifón no mar de China », di Lino Braxe, amigo e director do audiovisual Mundo Lois.

«Tiña a arte de descubrir tesouros»

«Eu véxoo moi relacionado coa Rosalía máis íntima, é desa estirpe, ten esa calidade, sobre todo con algúns poemas de Follas novas, pero no seu tempo e dende si mesmo», di Manuel Rivas, que tamén engade: «Hai persoas que non son gurús nin van de chamán, pero onde pousan a mirada vale a pena fi xarse. El tiña ese instinto. Mentres os demais estabamos pendentes da actualidade e do que saía, el tiña a súa propia mirada. Carecía de prexuízos e condicionamentos, tiña a arte de descubrir tesouros»

«Afunde as súas raíces na tradición alemá»

Antón Lopo, poeta e tamén monfortino como Lois, considera que «o que diferenza a Pereiro dos poetas da súa xeración é precisamente que afunde as súas raíces na tradición alemá. Era devoto da poesía alemá e de escritores como Thomas Bernhard o Peter Handke. Tiña unha visión moi xermánica, allea á visión xeralista que había en Galicia na súa época».

Afirma tamén que, «coa perspectiva de estes dez últimos años xa se comprende, pero sobre todo acéptase e recoñécese o gran poeta que é». Lois Pereiro deixara os estudos de Socioloxía pola Escola de Idiomas, e os seus coñecementos de inglés, francés e alemán permitíronlle facer traducións. «Ese achegamento ás linguas, sobre todo ao alemán, é patente na súa obra», segundo Lopo.

«Innovador, urbán e europeo»

«Era extraordinario —manifesta o poeta Xavier Seoane—, como amigo e como poeta. Deixou unha obra que foi innovadora no seu momento, urbana e europea, que refl ectía moi ben a crise, a crispación e a violencia estrutural do noso tempo».

Seoane tamén subliña «a angustia» que impregna os seus poemas e «a rabia expresiva». «É unha obra cunha gran carga existencial que nace das entrañas, do fígado, do corazón, do cerebro, con esa forza dura e áspera, coma un artefacto ou unha máquina portuaria».

«A súa linguaxe supuxo unha novidade na poesía galega naquel momento. Falaba de rock, de drogas, da dureza da vida contemporánea», engade Xavier Seoane, quen opina que hoxe Lois Pereiro «é respectado e valorado polos que entenden verdadeiramente de poesía». «A súa morte prematura», lamenta, «truncou a súa vida e obra, e impediulle desenvolver todo o que levaba dentro».

Descargar artículo en (.pdf)

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]