Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "Ferrín: 'Nunca as Letras Galegas foron dedicadas a alguén tan contemporáneo'" · F. Franco (Faro de Vigo) -
  2. 10 de Mayo de 2011
  1. Obra completa [ed. bilingüe], de
  2. Lois Pereiro

Lois Pereiro, fallecido prematuramente en 1995, legó a la poesía gallega unos versos de extraordinaria fuerza y brillante modernidad. Sus ciento y pico poemas le bastaron para ser una de las voces más innovadoras de la poesía gallega.
· · · 

“Da lectura da súa poesía non se pode sair indemne”, dixo o irmán de Lois Pereiro nun acto no Club FARO / ”Din que ten pouca obra pero menos ten Martín Códax”, engadiu

“Nunca o Día Das Letras Galegas foi dedicado a alguén tan contemporáneo”, dicía onte Xosé Luis Méndez Ferrín na mesa redonda do Club FARO na que se conmemorou o Día das Letras Galegas 2011. Referíase o presidente da Real Academia Galega, por suposto, a Lois Pereiro, cuia memoria convocou nunha mesa, ademáis do escritor, a Manuel Bragado, director de Xerais, como moderador, a Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas de Galicia e irmán do homenaxeado e ao escritor Marcos Calveiro.

No seu limiar dixo Bragado de Lois Pereiro, morto prematuramente en 1995, que legou á poesía galega uns versos de extraordinaria forza e brillante modernidade.“ Os seus cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da poesía galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo”.

Méndez Ferrín suliñou un aspecto: que un poeta que podería ser neto dalgún académico vivo e mesmo o seu fillo sexa o elexido. “¿Non din que este día –dixo– é a ocasión de memoria mortuoria precisamente eses que queren acabar con ela? Pois aquí teñen a un poeta do tempo de xente que, como Reixa ou Chus Pato, aínda terían que esperar moito para ser conmemorados”.

Para Ferrín non hai nada en Pereiro que sexa finxido senón o seu “eu” auténtico,“que as veces mostrase cruelmente pero sempre real.“E Pereiro –afirmou– elixiu o galego como única língoa literaria, sempre foi un poeta monolingüe. Inscríbese nunha tradición na que está Pondal,Rosalía, Manuel Antonio... escribir a literatura en galego sen pasar pola alfándega de Madrid.”

A súa obra poética é para o presidente da RAG “a mostración do atormentado en sí na dimensión amatoria e na propia peculiaridade existencial. Lígase coa de Brais Pinto, co existencialismo... e a medida que avanza na súa curta ascesis depurativa vai acentuando unha radicalidade íntima que se entremezcla cunha contención formal que chega ata o verso medido. Quizais non lle gostaría que eu lle chamara poeta patriótico pero dígoo porque a súa poesía está ligada coa traxedia dun pobo galego condenado a morte sen non o evitamos”.

Antes falara Xosé Manuel Pereiro, que fixo un repaso apresurado pola súa vida (que era na meirande parte a propia), con un humor narrativo irónico e socarrón que lembraba ao. seu irmán.“As nosas raigames son de familia labradora polos catro costados, salvo algunha excepción como un cura francés que acabou casándose e un sindicalista portugués fuxido do seu país que montou un hotel en Casablanca. O noso pai foi abogado e a nai mestra, pero non era a nosa unha casa con especial devoción polas letras. Pero a Lois e a mín gostábanos ler, quizás porque o clima de Monforte non permitía outra cousa. Educáronnos en castelán pero Lois tiña moi craro dende que empezou a escribir que sería en galego”.

De Lois dixo este xornalista que os seus comenzos como poeta tiñan que ver co encontro do planeta muller a os 16-17 anos, que sempre tivo unha intuición de morte quizais porque aos 20 anos tivo a súa primeira dolencia grave e que “tiña un radar especial para detectar todo que fora vangardia. A súa afección pola vangarda está lexitimada por ter unha militancia na lingua. Tamén tiña o radar para comprender, e debuxar, a elegancia... Eu penso que da lectura a obra de Lois non se sae indemne, non eres o mesmo ante que despois. É un escritor de pouca obra e isa foi unha das reticencias para adicarlle o Día das Letras, pero menos tiña Martín Códax”.

Para o xornalista “sempre tivo unha actitude moi radical. Na vida foi sempre moi libre, educado pero rabudo, inconformista, antinormativista. Era pensionista por ser vítima da colza e facía traballos de dobraxe para a televisión, así iba sobrevivindo...“

Calveiro: “Por el escribo na nosa língoa”

Na súa intervención, Marcos Calveiro recoñoceuse como admirador fiel de Pereiro dende que nos anos 80, cando el tiña arredor dos vinte, atopou a poesía de Pereiro. “Eu buscaba –di– unha voz coa que identificarme. Unha voz que soltase verdades coma puños.Unha voz como a de Ian Curtis en Joy Division. Non tardeimoito en atopala e resultou que foron dúas e non unha.A primeira foi a de Rivas en Ningún Cisne ( Sotelo Blanco 1989) e a outra foi a de Lois en Poemas 1981/1991 ( Postivas 1992).Con eles caeron os meus prexuízos,descubrín o sexy e punki nas nosas letras e comecei a escribir na miña lingua”.

Calveiro, que pensa que é o tempo dos neofalantes, dos heterodoxos, dos marxinados, dos mestizos... que sintetiza (en parte) Pereiro, afirma que é un poeta centroeuropeo,“ desa Europa que soñou Thomas Bernhard, autor ao que el tanto citou coa devoción dos convertidos.As veces os seus versos son crípticos e mestos,pero coa cativadora beleza que ten una arcano indescifrable, no que,malia resultarnos inalcanzable, sabemos que reside a verdade, así en maiúsculas.Un poeta, como non, con luces e tebras, como calquera de nós, do que agardo se fale con claridade nos institutos sen ter que recorrer ao mediocre e mentirán verniz do politicamente correcto”.

Lois Pereiro naceu en Monforte e morreu prematuramente na Coruña, cando apenas contaba con 37 anos. Marchou a estudar a Madrid con 17 anos, onde formou parte dos promotores da revista Loia,na que publicou os primeiros cinco poemas. Soio publicou dos poemarios en vida, “Poemas” 1981/1991 (1992)” e “Poesía última de amor e enfermidade” (1995), pero en 1996, ano da súa morte, saiu “Poemas para unha Loia”. A súa obra é corta pero hai máis de dúas ducias de libros publicados sobre ela”.

Descargar artículo en (.pdf)

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]