Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "Libros del Silencio publica a obra completa de Lois Pereiro en edición bilingüe" · Fran P. Lorenzo (El Correo Gallego) -
  2. 21 de Abril de 2011
  1. Obra completa [ed. bilingüe], de
  2. Lois Pereiro

Deixou escrito que todo o que vía estaba sentenciado a sobrevivilo. A morte, habitada polo poeta Lois Pereiro dunha maneira intensa e única na literatura galega contemporánea, preside os versos e a prosa do autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Como parte desa eclosión necesaria do escritor chegará o vindeiro 9 de maio aos andeis das librarías, da man da editora catalana Libros del Silencio, que dirixe o galego Gonzalo Canedo, a Obra completa. Edición Bilingüe (galego-castelán) de Lois Pereiro.
· · ·

Daniel Salgado asina a tradución, prologada por Pere Gimferrer e Xosé Manuel Pereiro 

Deixou escrito que todo o que vía estaba sentenciado a sobrevivilo. A morte, habitada polo poeta Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996) dunha maneira intensa e única na literatura galega contemporánea, preside os versos e a prosa do autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Como parte desa eclosión necesaria do escritor chegará o vindeiro 9 de maio aos andeis das librarías, da man da editora catalana Libros del Silencio, que dirixe o galego Gonzalo Canedo, a Obra completa. Edición Bilingüe (galego-castelán) de Lois Pereiro.

Esta iniciativa pioneira, que conta co apoio da Xunta de Galicia, pretende, segundo Libros del Silencio, "reivindicar la poderosa obra de este poeta de culto, vanguardista y universal". Faino en tradución do xornalista e tamén poeta Daniel Salgado, autor, así mesmo, dunha antoloxía, prologada con exquisitez, para a editorial Galaxia.

FIDELIDADE AO ORIXINAL. Salgado afronta neste volume, con respectuosa fidelidade ao orixinal, a tradución da obra toda de Pereiro: desde os iniciais Poemas para unha loia, a pasar polos volumes centrais da súa produción poética -Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade-, para pechar esta achega divulgativa, destinada ao mercado editorial español, coa novela Náufragos do paradiso -"una novela corta que suele considerarse erróneamente incompleta (inacabada quizás, como en realidad toda su obra", sinala Xosé Manuel Pereiro no limiar- e os textos Modesta proposición... e a magoante Conversa ultramarina.

Xosé Manuel Pereiro, como xa se dixo, asina un proemio que sitúa biografica e literariamente a figura do seu irmán Lois, e que procede con claridade e xustiza a imbricar o seu legado poético no contexto cultural e social do momento. Pereiro dá alí unha explicación do que significa o Día das Letras Galegas -"fuera de galicia, un acontecimiento tan poco conocido como difícil de imaginar", di- e lembra a presenza incontornábel de Lois no panorama literario galego e español, malia o seu pouco afán de publicidade, e o seu compromiso irrenunciábel coa literatura e co mundo que lle tocou vivir.

Ademais, o poeta catalán Pere Gimferrer deita, nas páxinas que abren Obra completa, a súa visión dun Pereiro que, así o di, "conquistó, con palabras estremecidas y estremecedoras, la luz del ser tras haber conquistado antes el ser del mundo".

Leer en [El Correo Gallego]

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]