Un libro es un fragmento de silencio en manos del lector.

Aquel que escribe calla.

Aquel que lee no rompe el silencio.

PASCAL QUIGNARD

Si quieres recibir información sobre nuestros títulos, suscríbete a nuestro boletín aquí.

  1. "Búscanse amigos de Lois Pereiro" · Francisco Albo (La Voz de Galicia) -
  2. 31 de Marzo de 2011
  1. Obra completa [ed. bilingüe], de
  2. Lois Pereiro

Para maio está prevista a publicación da obra completa de Pereiro traducida ao español por Daniel Salgado, que correrá a cargo da editorial barcelonesa Libros del Silencio.
· · ·  

Unha exposición recupera en Monforte as imaxes familiares do poeta

Os monfortinos que coñeceron persoalmente a Lois Pereiro terán ocasión de participar directamente nunha exposición de homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galega que será inaugurada mañá na Casa de Cultura e que permanecerá aberta ata o 31 de maio. A iniciativa consiste en exhibir unha serie de imaxes tomadas dos álbumes familiares do poeta, nas que aparecen numerosos amigos, coñecidos e compañeiros de estudos. Os visitantes que se recoñezan nestas imaxes poderán deixar escritos os seus nomes, así como os seus recordos persoais sobre Pereiro ou calquera comentario.

A exposición, titulada «Lois Pereiro, camiño do futuro libremente », é organizada pola editorial Ouvirmos, que publicou recentemente un audiolibro sobre o poeta. En total, exhibiranse 195 fotografías —sete delas en grande formato—, nas que aparecen máis dun centenar de persoas. «Pereiro morreu novo non hai moitos anos, polo que son moitas as persoas vivas que o coñeceron —explican os organizadores— e pareceunos moi axeitado convidalas a participar nesta exposición achegando os seus propios recordos».

Pereiro tamén estará presente na exposición a través das imaxes da curtametraxe experimental Valle de lágrimas, na que participou como actor en 1986, e que será proxectada en formato deuvedé. O fi lme foi dirixido por Jorge Demetrio Rodríguez e Guillermo Represa e ten unha duración de quince minutos. «Pereiro ten un papel moi breve, pero pareceunos interesante incluír esta obra na exposición porque a estética deste filme é moi propia dos anos 80 e do ambiente cultural en que se movía o poeta», sinalan desde Ouvirmos.

Voces e música

Na exposición poderá escoitarse ademais a voz de Lois Pereiro recitando os seus poemas, recollida nunha gravación realizada no café coruñés Moka pouco tempo antes do seu falecemento. Outro punto de audición permitirá oír pezas musicais baseadas en poemas de Pereiro e compostas por Nación Reixa e outros grupos e intérpretes.

A exposición estará aberta de luns a venres, de 10 a 13 e de 17 a 22 horas.

En Santiago ofrecerase esta noite un concerto de homenaxe

A Sala Nasa de Santiago acolle hoxe un concerto de homenaxe ao poeta monfortino no que participarán os grupos Ondas Martenot e Das Capital e o cantante Manu Clavijo. Unha boa parte do repertorio estará formado por temas de Lou Reed, The Doors, Parálisis Permanente e outros músicos que figuraban entre as preferencias persoas do desaparecido escritor. Clavijo, pola súa parte, ten posto música a varios poemas de Lois Pereiro.

A actuación comezará ás nove e media da noite e o prezo das entradas será de cinco euros.

Unha bibliografía que continúa crecendo

A finais do pasado ano comezaron a aparecer novos libros sobre a vida e a obra do poeta monfortino e o ritmo destas publicacións continúa crecendo a medida que se aproxima o Día das Letras Galegas.

Entre os libros aparecidos nas últimas semanas destacan varias reedicións dos textos orixinais do propio Lois Pereiro. Por un lado, Edicións Xerais reuniu por primeira vez toda a súa obra poética nun volume, baixo o título de Poesía completa, nunha edición ao cargo de Ana Acuña. Pola súa parte, a editorial Galaxia publicou unha Antoloxía poética que comprende 51 poemas, seleccionados e comentados por Daniel Salgado.

Galaxia editou tamén Náufragos do paradiso, a única novela de Pereiro, unha obra inacabada que aparecera postumamente na revista Luzes de Galiza e que ata agora tivo escasa difusión. Outros textos en prosa do autor monfortino foron recollidos no volume Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia e outros ensaios, publicada por Xerais nunha edición coidada polo escritor Fran Alonso.

Por outra parte, no que vai de ano editáronse varios libros que abordan desde diferentes perspectivas a biografía a obra literaria de Pereiro. Un deles é A palabra exacta (Galaxia), do tamén monfortino Antón Lopo, que o ano pasado publicara unha biografía novelada de Uxío Novoneyra. O escritor Marcos Calveiro é o autor de Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais), que reúne unha biografía e unha antoloxía. Outra achega neste campo é Lois Pereiro. Vida e obra, de Iago Martínez, editada igualmente por Xerais.

Obra completa en español

Para maio, por outra parte, está prevista a publicación da obra completa de Pereiro traducida ao español por Daniel Salgado, que correrá a cargo da editorial barcelonesa Libros del Silencio. Para esta primavera, como xa anunciou anteriormente, espérase tamén a aparición de Collected Poems, unha antoloxía vertida ao inglés por Jonathan Dunne, tradutor de Manuel Rivas e outros autores galegos.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega, asimesmo, fixo un chamamento a todos os seus membros para que colaboren na elaboración dun libro de homenaxe a Lois Pereiro que se editará en soporte dixital e que será distribuído gratuitamente a través da páxina web desta entidade. Os participantes deben enviar as súas colaboracións antes do 10 de abril.

Descargar artículo en (.pdf)

Envía a un amigo


Aviso Legal

Libros del silencio

Castillejos 352, Bajo - 08025 Barcelona Tel: +34 | 934766919 - Fax: +34 | 934591026 - [email protected]